Atendendo aos índices de paro por sector de actividade os datos reflicten unha baixa tasa de desemprego das mulleres en sectores como a industria, a construción  e a agricultura e pesca, e unha concentración elevada, rondando o 60% , no sector servizos (o 59,6% do total de demandantes de emprego neste sector son mulleres).

No sector da construción a presenza de mulleres é simbólica cunha porcentaxe de emprego inferior ao 10% fronte un 90,2% de homes. Segundo o número de contratacións iniciais reforzamos esta tendencia cun reducido 4,9% de novos contratos femeninos no sector, fronte a un 95,1% de novas contratacións masculinas.

A mesma tendencia observamos nos outros sectores tradicionalmente masculinizados (industria e agricultura – pesca) nos que as taxas de desemprego son superiores no continxente masculino (61,4% e 67,8%) comparativamente coas observables entre as mulleres (38,6% e 32,2%), e así mesmo, o volume de contratacións inciais nestes sectores son inferiores ao 25% (20,2% e 17,4%).

No sector servizos, observamos unha clara feminización do sector, sendo as taxas de desemprego menos extremas (inferiores ao 20%) se as cotexamos cos sectores antes analizados, e por outra banda, se inverte cunha clara aproximación da porcentaxe de contratacións iniciais entre mulleres e homes (50,8% e 49,2%) cun escaso 1,6% de diferenza entre os índices observables.

En Santiago, a crise golpeu  con especial forza as persoas novas, converténdoos no eslabón máis débil da cadea xeracional. As notas comúns as que se enfrontan estes  mozos/as, con independencia do seu nivel de estudos, son:

  • Escasez de oportunidades.
  • Traballos precarios de naturaleza temporal.
  • Baixa remuneración.
  • Inexistencia dunha carreira profesional.
  • Desempeño de empregos para os que un gran nº posee sobre – calificación.

Así mesmo, dentro da poboación nova, comprobamos que as mulleres teñen máis probabilidades de verse afectadas polos salarios baixos e o emprego precario, mentres que os mozos/as con fillos/as, principalmente as nais, carecen de medidas adecuadas para equilibrar a súa vida laboral e familiar.

Os mozos fan fronte a dificultades cada vez maiores para atopar un emprego se se compara a súa situación coa dos adultos, están sendo os principais afectados pola crise económica e os profundos cambios na contorna económica e social que, ou ben lles está impedindo acceder por primeira vez ao mundo laboral, atrasando a súa emancipación, ou ben lles levou a interromper a súa carreira profesional . Fronte a un adulto, un mozo está en posición de inferioridade xa que ten menos experiencia laboral; se abundan os candidatos para un posto de traballo, os empleadores adoitan preferir aos que teñen maior experiencia. Así mesmo, os mozos poden ser os primeiros en saír porque a reticencia do empleador para despedilo é menor (o argumento denominado “ultimo en chegar, primeiro en saír”), sexa porque investiu menos na súa formación ou porque lles resulta menos oneroso ou máis conveniente despedir a un mozo.

Santiago quere ser unha cidade que avance na creación das mellores condicións e oportunidades para o desenvolvemento sustentable das capacidades humanas, a promoción económicae a xeración de emprego estable e recursos para todos e todas os seus cidadáns /as mozos/as. Eliminando:

  • A desigualdade social provocada por un mercado de traballo dual onde hai mozos/as traballadores en empregos precarios , fronte a outras persoas que dispoñen de óptimas condicións de  traballo.
  • A brecha de xénero  existente na empregabilidade, as condicións laborais e o emprendemento das mulleres fronte aos homes. Por todo isto é fundamental fomentar as competencias profesionais e capacidades transversais, anticipando mellor as necesidades formativas que demanda o mercado laboral.

Axentes económicos implicados na proposta:

  • Asociación de Empresarios de la Hostelería.
  • Asociación de Empresarios del Polígono del Tambre.
  • Cámara de Comercio de Santiago.
  • Central Sindical C.C.O.O.
  • Central Sindical U.G.T.
  • Asociación Plataforma polo Empleo.
  • Universidade de Santiago de Compostela.

Un proceso participativo que vén desenvolvendo desde hai tempo e no que se inscribe a redacción da Axencia Local 21 da cidade e os dous primeiros Pactos Locais Polo Emprego 2006 – 2007, 2008 – 2010, 2011- 2014 e o actual 2015 – 2018.

Por tal motivo, o Concello de Santiago ten o firme propósito de mellorar a formación, cualificación profesional , aptitudes e competencias de calquera persoa nova, co fin de que poida acceder a un emprego estable  o poñer a súa propia empresa. Con este fin este Concello acollese a esta convocatoria e realizará uns itinerarios profesionais que cumpran co obxetivo central de:

“Fomentar a cualificación profesional das mozas mediante unha formación acreditada por Certificados de Profesionalidade. Adecuando a formación ás necesidades formativas demandadas polo sector produtivo. Impulsando e/ou mellorando a súa formación en idiomas, manexo das TIC. Mellorando as súas competencias personais e habilidades sociais. Incentivando a súa contratación e o acceso a un emprego sustible de calidade”.

Obxetivos específicos:

  1. A equidade no acceso ao emprego. É preciso desenvolver accións positivas para as persoas con maiores condicións de vulnerabilidade:

Mulleres paradas de longa duración.

2. A  igualdade de oportunidades: muller e xénero. É preciso incidir na creación das condicións que nos permitan alcanzar a igualdade de oportunidades, o exercicio efectivo dos dereitos e o respeto á diferenza.