Emprego Santiago VI

O Programa de Emprego Santiago VI  é un Programa Integrado dirixido a mulleres que basa a súa metodoloxía en itinerarios Personalizados de Inserción, mediante o acompañamento e orientación laboral dun grupo de 85 mulleres menores de 30 anos, co fin de mellorar o seu perfil profesional e lograr a súa incorporación ao mercado de traballo.  Trátase de axustar os diferentes perfís profesionais as demandas do mercado laboral, mediante la adquisición de coñecementos e habilidades imprescindibles para unha inserción laboral efectiva.

A estratexia do proxecto “Emprego Santiago VI”, ten unha clara orientación cara a integración social, a inserción social e laboral dos xóvenes e a igualdade de oportunidades. Nuns sectores considerados como Novos Xacementos de Emprego, en servizos relacionados co turismo, os servizos, as TIC o comercio e a loxística. 

Emprego Santiago VI, busca brindar as Mulleres en situación de desemprego a formación profesional que lles permita desenvolver e fortalecer as súas habilidades e potencialidades cara a inserción laboral. Para conseguilo poremos en marcha as seguintes fases:

1. Acollida.

2. Orientación.

3. Formación.

4. Formación en contexto laboral (Prácticas en Empresas).

5. Intermediación.

6. Ocupación.

7. Peche.